Coidamos os teus espazos verdes coma se foran os nosos
Mantemento de xardíns, podas, desbroces e instalación de céspede artificial para vivendas, comunidades, empresas e concellos de toda a provincia de Ourense.

Máis de 19 anos xardinería en Rairiz de Veiga
Campos Montero Xardinería traballa dende 2007 en Rairiz de Veiga e en toda a provincia de Ourense. Somos un equipo pequeno, con oficio e coa maquinaria necesaria para afrontar dende o coidado dun xardín particular ata a xestión de grandes fincas e espazos verdes de empresas e concellos.
Traballamos con seriedade e cumprindo prazos, tanto para clientes particulares coma para comunidades de veciños, empresas, administracións públicas e residencias de anciáns.
O que facemos
Catro áreas de traballo, un único equipo de confianza.
Confían en nós
Ademais de xardíns e fincas particulares, traballamos co mantemento de espazos verdes de empresas e institucións como:
- Augas de Sousas
- Forvia
- Concello de Allariz
A nosa flota e maquinaria
Furgonetas, camión, tractor, minicargadora e cortacéspedes de gran tamaño: contamos cos medios necesarios para chegar a calquera xardín ou finca de Ourense e Galicia.
- Furgonetas e camión para levar equipos e materiais ao lugar de traballo
- Tractor e minicargadora para traballos de terreo e carga
- Cortacéspedes de gran tamaño para superficies amplas




Traballos realizados
Unha pequena mostra dos xardíns, podas e instalacións nas que traballamos.








¿Falamos do teu xardín ou finca?
Chámanos, escríbenos por WhatsApp ou pide orzamento sen compromiso.